Educación secundaria (ESO)

Unplugged

Programa de prevención do abuso de drogas dirixido ao alumnado de 12 a 14 anos que cursa o Primeiro Ciclo da ESO.

Para afrontar as influencias sociais que favorecen o consumo adolescente de drogas presenta contidos en tres áreas:

  • Habilidades para a vida.

  • Información sobre as drogas.

  • Posta en dúbida da percepción normativa.


Estes contidos dan pé a 12 sesións, para cuxa dinamización presenta tres ferramentas:

Manual do profesorado

Presenta o programa, o seu modelo teórico e o desenvolvemento pautado das 12 sesións.

Ligazón ao Manual

Caderno de traballo

Recurso deseñado para personalizar as aprendizaxes realizadas en cada unha das sesións.

Ligazón ao Caderno

Paquete de fichas

Colección de 34 fichas para utilizar na sesión 9 para explorar información básica sobre as drogas máis habituais.

Ligazón ao Paquete de fichas

InfoDrogApp

Aplicación que completa a información ofrecida no paquete de fichas, cun estilo lúdico.

Ligazón a InfoDrogApp

As 12 sesións:

  1. Que é Unplugged?
    Información e actitudes
  2. Dentro ou fóra do grupo
    (Habilidades interpersoais
  3. O alcohol: riscos e protección
    Información e actitudes
  4. Será como ti cres?
    Habilidades intrapersoais
  5. Qué esperar do tabaco?
    Información e actitudes
  6. Con voz propia
    Habilidades intrapersoais
  1. Afirmarse fronte á presión
    Habilidades interpersoais
  2. A escena!
    Habilidades intrapersoais
  3. Saber máis, arriscar menos
    Información e actitudes
  4. Estratexias para enfrontar dificultades
    Habilidades intrapersoais
  5. Resolver problemas e tomar decisións
    Habilidades interpersoais
  6. Establecer obxectivos
    Habilidades interpersoais