Manexo dos problemas e conflitos

Con qué músculo?!

Darío desenvolveu bos músculos grazas ao ximnasio. Con eles fixo fronte, en varias oportunidades, ás súas leas. Pero esta vez non sabe con que músculo solucionar as súas dificultades con Érika, o amor da súa vida. Por se fose pouco, ten que fuxir para non recibir unha malleira dos «gorilas» do parque. Por moitos músculos que teña, eles son catro. E ademais, non sabe como reparar a inxustiza que cometeu cun admirador seu nun centro comercial. Para Darío, por primeira vez, está a resultar todo un problema iso de ter problemas.

Volver