Toma de decisións

Dubidar en exceso prexudica a saúde

Beto lembra o seu primeiro día no novo instituto: Non coñece a ninguén. Na clase de filosofía, cando o profesor lles pide traballar en grupo, el achégase a tres rapazas e a un rapaz que desde o comezo chamaron a súa atención. Mentres eles adiantan o exercicio que deben realizar, Beto abre ben as súas orellas para escoitalos e dedícase a debuxar. Séntese ben con este grupo. Agrádalle que se rían e discutan entre si. Cando o convidan a participar amósalles o seu traballo: pintounos e púxolles un alcume. Neste ambiente agradable que pon o profesor Lucas ás súas clases, Beto descubre a clave para facer amizades: ser un mesmo.

Volver