Comunicación asertiva

Sen rodeos

Lida, a atrevida, é a protagonista desta historia. Ela cre que as súas amigas son as que teñen dificultades á hora de se comunicar porque Isa non se decide nunca e Rosa só sabe dicir mentiras. Está convencida de que ela si é capaz de ir ao gran. Porén, nunha festa á que están convidadas as tres, descubre que máis que atrevida é impulsiva, que non se toma tempo dabondo para pensar o que vai facer e dicir. Ante a pregunta: «Tomas a primeira?» ela acepta e ademais toma a segunda, a terceira e moitas máis. Remata no baño e coa cabeza entre as mans. Ao día seguinte, conversa con Isa, Rosa e Darío sobre o difícil que resulta, ás veces, librarse das presións.

Volver