Autocoñecemento
Unha mañá, Lida esperta sentíndose a muller máis fea do planeta. Porén, ese mesmo día, Rafa, un amigo seu, invítaa ao cine e aproveita para dicirlle o guapa que lle parece e as ganas que ten de coñecela mellor. Estas palabras quédanselle a Lida dando voltas na cabeza. Quere coñecerse mellor a si mesma. Para iso decide preguntarlle ás súas amizades e á súa familia quen diaño é Lida. A última en responder é ela mesma. No soño, na vixilia e no espello, Lida dialoga e observa a tódalas Lidas que forman parte dela e está disposta a facer o mesmo con todas aquelas que aínda non ten o gusto de coñecer. Ligazón a la animación.