Pensamento crítico
O instituto programou o visionamento dun documental. É unha fábula que se desenvolve no marco do primeiro cumio ambiental animal. Os convidados son aqueles que se viron involucrados coas drogas e que senten magoada a súa imaxe e a súa vida. O Zaparrito do Pinche, é un deles, un colibrí senlleiro no planeta que está en vía de extinción pola deforestación que ocasiona o cultivo de coca na Amazonía colombiana, a súa casa.