Autocoñecemento
Darío está feliz porque o seu curmán maior veu de vacacións. Saen unha noite de festa e ofrécenlles pastillas, canudos, alcohol e demais substancias. O curmán, que ten claro como enfrontar esta situación, goza da noite, mentres Darío dorme no sofá. Ao outro día, pídelle ao seu curmán o truco para gozar das festas e amencer «como se nada», porque el se ergueu cunha resaca tremenda e moitas lagoas.