Programa de prevención de condutas aditivas dirixido a adolescentes de 14 a 16 anos que cursan o Segundo Ciclo da ESO (e similares). Promove o desenvolvemento das 10 habilidades para a vida como recursos preventivos con respecto ás condutas aditivas.
Estes contidos dan pé a unha batería de actividades, para cuxa dinamización presenta tres ferramentas:
Animacións
10 animacións de aproximadamente 3 minutos, unha por habilidade, cada unha das cales presenta un dos contidos específicos que abordar. É o elemento disparador do traballo educativo.