As relacións interpersoais
Iolanda, unha nena cega, conta nesta historia todo o que ve. Fala de como son as súas amigas e amigos e do pouco que se semellan entre eles. Di que son como os dedos da man: diferentes, pero unidos abondo.
Ver libroA toma de decisión
A amigdalite de Xavier complicouse por non tomar a tempo e na dose sinalada o antibiótico que o doutor lle receitou.Tras unha nova consulta, seguiu as súas instrucións ao pé da letra. Puxo en risco a orde na súa clase, pero a salvo a súa saúde e a final do campionato.
Ver libroA empatía
Xosé é un neno que permanece só e baixo chave na súa casa mentres a súa nai traballa. Son novos na veciñanza e a súa nai pensa que así estará máis seguro. Por fortuna, desde a ventá ve pasar a Iolanda e preséntase. Desde entón, a súa vida si que será máis segura.
Ver libroO pensamento creativo
A Héctor e a Serxio parécelles incrible que aínda existan fogares onde a nai é a que se ocupa de todo na casa. Están convencidos de que o normal é que os labores domésticos se compartan, como sucede no seu fogar.
Ver libroO manexo do problemas e conflitos
Hai moitas cousas que cheiran mal na vida, coma a preguiza ou o conformismo. Pero hai outras que teñen moi bo olor, coma o que se xerou arredor de Iolanda o día en que fixo valer o dereito de tódalas persoas do colexio a ter baños limpos na escolas.
Ver libroA comunicación asertiva
Serxio desexa participar no obradoiro de cerámica. Os seus amigos consideran que isto é cousa de rapazas e búrlanse del. Pero Serxio segue adiante co seu propósito, e moi pronto terá ocasión de aceptar as desculpas que Héctor e Xabier lle ofrecen.
Ver libroO pensamento crítico
Os coches lévannos máis rápido. Onde? Ao traballo ou á escola, pero tamén a contaminar e a engordar, como sucede coas persoas que abusan do coche. Serxio decide pasarse á bicicleta, pero a cidade non se amosa amable coas nenas e cos nenos ciclistas.
Ver libroO autocoñecemento
Ás persoas sucédenos o que aos coches: temos un acelerador e un freo. Pero algunhas esquecen onde está o freo e rematan estrelándose. Un canciño xogador ensínalle a Héctor a descubrir o seu freo para quitarlle velocidade á súa trasfega diaria con tantas actividades extraescolares.
Ver libroO manexo de emocións e sentimentos
Marta ten medo de contarlle ao seu pai que obtivo unha mala cualificación en matemáticas. É a primeira vez que saca un «i» de insuficiente, e non sabe como actuar. Despois duns días, e coa axuda e o bo humor do seu papá, descubre que ese «i» é tamén o «i» de intelixente.
Ver libroO manexo de tensións e estrés
Cada persoa ten dereito a decidir quen toca e quen non toca o seu corpo. Por iso, Marta sentiuse moi mal cando, no autobús, un home estraño púxolle as mans no seu traseiro. Afortunadamente, fixo dúas cousas moi importantes: correr para fuxir e contar para pedir axuda.
Ver libro