ESO

Órdago! Afrontar el desafío de las drogas

Un programa de prevención educativa do abuso de drogas dirixido a adolescentes de 12 a 16 anos. Promove o desenvolvemento de habilidades para a vida, cunha proposta de contidos que pretende estimular aprendizaxes significativas arredor da presenza social e cultural das drogas.


Guías

As persoas que dinamizan as sesións contan con dúas Guías. Cada unha delas inclúe dous niveis, e en cada nivel propóñense 8 sesións. Resultan un total de 32 sesións para ser dinamizadas por educadoras e educadores en sesións de 50 minutos.

Cadernos

Catro Cadernos de 14 páxinas e 8 sesións, para os catro niveis aos que ¡ÓRDAGO! se dirixe. En cada nivel, cada adolescente participante recibe o seu caderno específico.